We want you to know that we respect your privacy. If you want to learn how we collect, use, and share your personal data, you can read our cookies policy here to learn about our privacy practices.
The data can be used in various ways. But the main goal is to gain insights from the web usage of customers, such as the number of visits and the source of traffic. In this case, we could use Google Analytics, Google Tag Manager, and Meta Pixel Ads or others.
To provide essential services, such as handling requests for products and services, managing payments, offering customer support, processing orders and transactions, confirming user information, keeping your account active on our platform, facilitating your participation in public areas of our site, communicating with you, detecting and monitoring security events, safeguarding against malicious or illegal actions, and resolving errors that affect the intended functionality.
FANTASTIC NEGRITO + MADAME BIRD
Venres 23 novembro | 20.30h | 20,00€ + gastos
FANTASTIC NEGRITO (EE.UU.)
O derradeiro dos pratos fortes do Outono Codax 2024 chega á Sala Capitol con dous Grammys na maleta. O seu segundo disco, The Last Days Of Oakland, gañador do Grammy ao mellor álbum de blues contemporáneo de 2016, situou a Fantastic Negrito no olimpo da música negra. El defínese como un músico de “blues con actitude punk”. E o é. A súa é unha das coleccións musicais máis crúas (sonora e emocionalmente), repleta dunha perspectiva vital gañada a base de golpes. Urxente e visceral, con rabia, protesta e autobiografía.
En 2018, co seu terceiro disco, Please Don't Be Dead, conseguiu gañar o seu segundo Grammy consecutivo, tamén na categoría de mellor álbum de blues contemporáneo.
En xuño de 2022 publicou un novo álbum, White Jesus Black Problems, no que se afasta das convencións do blues-rock e do que en febreiro de 2023 lanzou unha secuela, Grandfather Courage, onde reimaxina en clave acústica as cancións do seu predecesor.
O pasado 2 se xullo Fantastic Negrito e Sting (si, o de The Police) publicaron un single conxunto, Undefeated Eyes, publicado no propio selo de Fantastic Negrito, encaixando perfectamente as súas distintivas voces para contar con elegancia crúa, pero chea de vida unha historia sobre a perda da confianza e os momentos baixos das relacións.
O músico de Massachusetts xa anunciou que no seu concerto no Outono Códax presentará un novo disco, do que polo momento descoñécese tanto o título como a data de lanzamento.
MADAME BIRD (Galicia)
A representación galega desta última cita do Outono Códax xunto a Fantastic Negrito corre a cargo de Madame Bird que é o proxecto de Carla de Figueredo, a voz mais prominente da escena "negra" galega, quen tras dous anos de andaina virando por distintas salas facendo grandes versións de rocksteady e northern soul, agora disponse a dar o gran salto gravando Old Souls, un disco de tintes souleiros co que levanta as súas ás negras para levarnos ao mais alto coa súa música e a súa radiante voz, que nos arrastra á primeira Aretha ou á mismísima Etta James.
Os temas de Madame Bird son unha mestura moi persoal con influencias que van dende o northern soul mais tradicional ata o R&B mais agresivo, pasando polo jazz crooner dos primeiros 50 ou as baladas da Chess dos 60.
En directo, Carla de Figueredo preséntase acompañada por José Triay (guitarra), Toño Martín (baixo) e Alberto Camba (batería).