×
Information about the event
PROHIBIDA LA ENTRADA A MENORES DE 16 AÑOS

FELISA SEGADE + CARABELA - MARÉ
MÉRCORES 24 SETEMBRO | 20:30h | 20,00€ + gastos

Felisa Segade é raíz, tradición, ferreñas, e voz. Esa voz que agroma coa tintura e a personalidade conxugada da muller e da terra galegas. É mestra, pandereteira, cantareira, colaboradora, e transmisora. Neste concerto inaugural de MARÉ, Felisa presenta un proxecto totalmente novo e preparado ad hoc para a ocasión. Sen fuxir da súa esencia, asume con afouteza o reto de xogar con outros sons e xéneros, coa calidez
doutros instrumentos nun novo proxecto que arrequece, sen perder a tradición de seu, sen se extraviar, como non podía ser doutro xeito, desa raíz, do que Felisa é.
Haberá un concerto previo de Carabela, banda galega que navega entre o pop alternativo e a electrónica con letras cargadas de emoción e paisaxes sonoras envolventes. Unha das apostas máis prometedoras da escena galega actual, gañadora do Premio Narf 2024.

×
×