We want you to know that we respect your privacy. If you want to learn how we collect, use, and share your personal data, you can read our cookies policy here to learn about our privacy practices.
The data can be used in various ways. But the main goal is to gain insights from the web usage of customers, such as the number of visits and the source of traffic. In this case, we could use Google Analytics, Google Tag Manager, and Meta Pixel Ads or others.
To provide essential services, such as handling requests for products and services, managing payments, offering customer support, processing orders and transactions, confirming user information, keeping your account active on our platform, facilitating your participation in public areas of our site, communicating with you, detecting and monitoring security events, safeguarding against malicious or illegal actions, and resolving errors that affect the intended functionality.
SHANNON & THE CLAMS + MAMBAS NEGRAS
Xoves 21 novembro | 20.30 h | 20,00€ + gastos
SHANNON & THE CLAMS (EE.UU.)
Noite moi agardada pola organización do Outono Códax. Garaje rock, soul dos sesenta, doo wop e a primera psicodelia son os piares sobre que ao longo destes últimos 15 anos sustentou o seu son a banda californiana Shannon & The Clams. Acompañando asiduamenre bandas como The Black Keys ou Greta Van Fleet chega a Santiago para pechar a súa xira europea presentando o seu sétimo disco, The Moon Is In the Wrong Place, editado neste 2024, trala morte do prometido de Shannon Shaw, Joe Haener, nun accidente de coche, a poucas semanas da súa voda.
The Moon Is In the Wrong Place producido como en anteriores ocasións polo recoñecido Dan Auerbach (The Black Keys) preséntase como unha exploración holística de dor ao tempo que como unha celebración da vida, e recolle algunhas das cancións máis emocionantes da súa soada discografía. “Shannon Shaw e os seus compañeiros de banda trataron de facer fronte a algo devastador, lambéndose as feridas a través da música, para ao final lograr un disco agridoce co que a súa protagonista conseguiu asumir e aceptar a perda”.
MAMBAS NEGRAS (Galicia)
Abrirá a noite do xoves con Shannon and The Clams o recoñecido quinteto vigués no que participan grandes músicos cunha ampla traxectoria, como Óscar Avendaño (The Bo Derek's, Siniestro Total), Andres Cunha (Siniestro Total) ou Toño López (The Soul Jacket). Xuntáronse para celebrar un repertorio formado por icónicas cancións das bandas sonoras das películas de Quentin Tarantino. Desde o baile de Uma Thurman e John Travolta ao ritmo do You Never Can Tell de Chuck Berry en Pulp Fiction, ata a tórrida escena de Salma Hayek bailando cunha serpe en Abierto hasta el amanecer, Mambas Negras lévanche nunha viaxe sonora chea de nostalxia e emoción.