We want you to know that we respect your privacy. If you want to learn how we collect, use, and share your personal data, you can read our cookies policy here to learn about our privacy practices.
The data can be used in various ways. But the main goal is to gain insights from the web usage of customers, such as the number of visits and the source of traffic. In this case, we could use Google Analytics, Google Tag Manager, and Meta Pixel Ads or others.
To provide essential services, such as handling requests for products and services, managing payments, offering customer support, processing orders and transactions, confirming user information, keeping your account active on our platform, facilitating your participation in public areas of our site, communicating with you, detecting and monitoring security events, safeguarding against malicious or illegal actions, and resolving errors that affect the intended functionality.
THE JIVE ACES + THE FUZILLIS
Venres 22 noviembre | 20:30 | 20,00€ + gastos
SHANNON & THE CLAMS (Reino Unido)
Nunha noite especial na Sala Capitol especialmente adicada ao swing o rat pack ou o rock 'n' roll, teremos aos recoñecidos mundialmente polos seus espectaculares concertos, cheos de enerxía á primeira banda en vivo en chegar ás roldas finais de “Britain's Got Talent”.
The Jive Aces establecéronse firmemente como a banda de swing número un do Reino Unido. Teñen esgotado as entradas no Royal Albert Hall e encabezado festivais en 40 países ao longo dos seus máis de 25 anos de traxectoria. A súa actuación en Glastonbury de 2015 foi catalogada polo Daily Telegraph como unha das máis destacadas do festival.
En directo son un verdadeiro espectáculo desde a primeira nota e non afrouxan nunca. “Estes músicos saben como entreter e facer que a súa música sexa relevante, contemporánea e atemporal˝, escribiron deles.
Cos seus característicos traxes amarelos e un repertorio que se estende desde as melodías eternas da era do swing ata o brillo do rat pack cun toque de rock 'n' roll clásico, interpretan cancións co seu estilo único e alegre de grandes artistas como Louis Prima, Bobby Darin, Louis Armstrong, Sammy Davis Jr. ou Ela Fitzgerald, así como unha selección de magníficos temas orixinais.
THE FUZILLIS (EE.UU.)
Abrirán a noite máis tola desta edición do festival xunto a The Jive Aces. Esta imparable máquina de rock’and’roll formouse en Londres a finais de 2014. Caracterízanse pola gran enerxía do guitarrista Sr. Dan Martin, polos gruñidos do saxo tenor de Thomas “T-Mag” Maguire, os estruendosos ritmos selváticos de Wilco “The Hammer” van Eijk e os tons graves do baixo de Mr Frankie Fuzilli Sr.
As súas últimas actuacións inclúen o Festival do Valle de Tobalina, Rock and Roll Circus de Amsterdam (sendo cabeza de cartel do seu 10º aniversario), Weirdsville, What’s Cookin´, Bule Bule Toga Fest, The New Barcelona Hayride, Funtastic Dracula Carnival, Benidorm, Hipsville, Surforama, The Rockabilly Rave e o Madrid Motorcycle Film e moitos mais por todo Europa.
En 2016 lanzaron o seu primeiro single coas cancións Mogul Monster e Beavershot en vinilo de 7” en tirada limitada e agora están a presentar o seu primeiro álbum, con 16 cancións que non che deixarán estar parado nin un instante. Bailarás ata que os teus pés sangren!