altext

outonocodaxfestival

The Sadies + Howlin’ Jaws + Terra Lightfoot

SALA CAPITOL

Information about the event
PROHIBIDA A ENTRADA A MENORES DE 16 ANOS
Buy

OUTONO CODAX FESTIVAL XVI EDICIÓN | Sábado 28 novembro | 20:00h portas

Abono 5 día Sala Capitol:
59€ (+gx) para os 70 primeiros
65€ (+gx) para o resto

Entradas concertos Sala Capitol:
24€ (+gx) en venda anticipada
28€ na billeteira da sala

Entradas físicas:
A Reixa-Matrioska

The Sadies
Levan desde 1994 embriagando ao público co seu híbrido de garage, psicodelia, rockabilly, surf e bluegrass. Un cóctel que nas súas mans non entende de reciclaxes, senón que soa flexible e versátil por fóra e rotundo por dentro. As súas composicións destacan pola súa elegancia, a riqueza instrumental, as harmonías de guitarras e unha capacidade extraordinaria para crear atmosferas que oscilan entre a intensidade eléctrica e a melancolía máis evocadora. A súa reputación en directo é lendaria. Teñen sido recoñecidos pola crítica mundial como unha das bandas máis compactas e feroces sobre o escenario. A pesar do falecemento inesperado dun dos seus membros fundadores, Dallas Good, en febreiro de 2022, decidiron seguir cara adiante, firmes e reconvertidos en trío defendendo tanto o seu legado como o seu presente.

Howlin’ Jaws
Representan a nova onda do rock francés cunha proposta vibrante que bebe do garage rock, o rhythm & blues e o rock dos anos sesenta, reinterpretados cunha enerxía contemporánea e unha actitude irresistible. O trío parisiense chamou a atención pola intensidade dos seus directos, onde combinan guitarras afiadas, melodías irresistibles e unha sección rítmica contundente que conecta de inmediato co público.

Terra Lightfoot
Cunha voz prodixiosa que evoca o soul clásico e un dominio feroz da guitarra eléctrica, redefiniu as fronteiras do roots-rock e o folk contemporáneo. As súas cancións equilibran unha sensibilidade pop irresistible coa crueza do blues. Ten sido aclamada pola crítica polo seu irresistible carisma en directo.