OUTONO CODAX FESTIVAL XVI EDICIÓN | Mércores 11 novembro| Riquela Club | 20:00h portas
Entradas concertos Riquela Club:
18€ (+gx) en venda anticipada
22€ na billeteira da sala
Entradas físicas:
A Reixa-Matrioska
Tiwayo
Francés de nacemento, texano por adopción musical e cantante de soul con alma de bluesman, Tiwayo é un espírito libre que ten tocado na rúa e viaxado por todo o mundo, absorbendo as raíces do blues, o soul e o góspel que seguen dando forma á súa música. Foi precisamente nunha viaxe a Memphis onde un veterano músico cajún de blues quedou fascinado polo contraste entre o aspecto xuvenil deste músico e a profundidade áspera e conmovedora da súa voz. E foi el quen o bautizou como «The Young Old» («o mozo vello»). De volta a Francia, aquelas iniciais, T.Y.O., evolucionaron ata converterse en Tiwayo, o nome co que desde entón asina a súa carreira.
