Información sobre el evento
PROHIBIDA A ENTRADA A MENORES DE 16 ANOS

 Ángel Stanich Band | Sábado 23 Xaneiro | 21:30h | 24,00€ 

O ermitán do pop presenta “Por La Hierba”, o seu cuarto álbum, arroupado pola súa banda e un repertorio único, con máis de dez anos de catárticos directos. Ven… Camiña polo carreiro agreste do seu álbum máis introspectivo e completo, vaticinado xa como un dos mellores do ano.

A Ángel Stanich Band chega “Por La Hierba”, un LP que renombra ao fin unha xira que tiña ——ata a súa publicación o pasado 23 de xaneiro—— máis datas que certezas… Case 5 anos despois de “Polvo de Battiato”, o seu celebrado traballo anterior inspirado no xenio de Catania, o cántabro volve con outro que xa cheira e soa a disco crave na súa carreira, cun Stanich a sangue frío en busca de si mesmo por atallos silvestres, quizá cara a algún lugar ao que chamar casa. Un disco que atafega pola súa honestidade, concepto, e factura musical sobresaliente.

Se “Por La Hierba” xa foi apuntado como un dos discos do ano, poucas referencias necesita a banda do cantautor lisérxico, cuxo directo sempre foi a súa maior fortaleza, capaz de converter ao máis escéptico ao seu credo surrealista. Unha banda fiel e rodada en mil táboas que regresa á estrada para, precisamente, saírse de ela… Esa é a metáfora. Teñas a alma máis ou menos descarreirada, acode á túa cita coa Stanich Band, e  sacúdete os demos co repertorio dun dos mellores compositores en castelán destes tempos.