×
altext

Cristian Silva – Un home tranquilo

SALA CAPITOL

Información sobre el evento
OS MENORES DE 16 ANOS SO PODERÁN ACCEDER ACOMPAÑADOS DE NAI OU PAI

CRISTIAN SILVA - UN HOME TRANQUILO
DOMINGO 12 OCTUBRE | 19:30h | 15,00€ + gastos

Cristian Silva presenta en directo “Un home tranquilo”, un concerto que nace do contraste: o da calma rebelde nun mundo convulso. Un espectáculo onde ser tranquilo convértese no acto máis transgresor. Sobre o escenario, a gaita, as frautas e a zanfona eléctrica únense coa enerxía das guitarras e os sintetizadores , nunha viaxe sonora que mestura rock, folk, jazz e funk. Acompañado por unha banda de músicos de primeiro nivel , Silva transforma o seu novo disco nunha experiencia intensa, elegante e chea de personalidade. Máis ca un concerto, é un territorio emocional. Unha noite para escoitar con calma... ou para perder a tranquilidade.

×
×