×
Información sobre el evento
PROHIBIDA LA ENTRADA A MENORES DE 16 AÑOS

DE NINGHURES + Exeria + Billy Flamingos - SISONS 2025
VENRES 17 OUTUBRO | 20:30h | 20,00€ + gastos | Abono 2 días 30,00€ + gastos

De Ninghures son identidade, forza e raíz. O colectivo musical presenta *FEIRA*, un novo espectáculo que transforma a escena nun espazo onde tradición, palabra e electricidade se dan a man. A súa proposta  estura poesía, rock e oralidade galega cunha posta en escena poderosa e comprometida. Cada concerto é un acto de resistencia cultural, liberdade e comunidade.

Antes, Exeria ofrecerá un set de rock alternativo en galego,  onde a distorsión crúa e as letras intensas crean unha paisaxe sonora cargada de forza e introspección. Unha banda que aposta por facer ruído desde dentro, con identidade propia.

A noite complétase con Billy Flamingos, que traen ao festival o seu “Oscuro Baile de Salón” e o novo álbum LINDE. Cun son que abraza o  indie, o pop alternativo e a electrónica máis orgánica, presentan un universo musical elegante, cargado de enerxía e coidado estético.

×
×