×
altext

Cabaret

ULTRANOITE na MARÉ

SALA CAPITOL

Información sobre el evento
PROHIBIDA A ENTRADA A MENORES DE 16 ANOS · As mesas de pista e palco son compartidas.

ULTRANOITE na MARÉ
Venres 27 setembro | 21:00h | 25,00€ + gastos

A Ultranoite volve a Compostela despois de tantos anos aboiando noutras augas. Volve coma se fose unha creba que a marea deixa entre as pedras. Ninguén a esperaba e aqui está. Chea de salitre. O marco máis axeitado para o regreso da Ultranoite a Compostela é o Festival Maré, recollendo iniciativas como a Ultranoite para reforzar o carácter cultural singular que sempre tivo a nosa cidade e que agora vai sendo engulido pola turistificación. 

×
×