altext

Comedia, Teatro

Evaristo Calvo con "A Ver que Pasa"

SALA CAPITOL

20/5/26
Edad recomendada: 16+
Información sobre el evento
PROHIBIDA A ENTRADA A MENORES DE 16 ANOS

"A VER QUE PASA" DE EVARISTO CALVO | MÉRCORES 20 MAIO | 21:00h | 12,00€ + gastos

“A VER QUE PASA” é un espectáculo unipersonal escrito e interpretado polo actor Evaristo Calvo (Mofa&Befa).
Con carácteristicas propias do stand up, o monólgo ou o cabaret literario ten unha pretensión claramente cómica. Nel vemos a un intérprete teimudo e deshinibido que desenvolve una progresión que vai do stand up mais convencional ata a narración oral pasando pola poesía paródica. No transcurso do espectáculo veremos como o seu protagonista renega do nome de monólogo exemplificando o que para el, viría sendo un auténtico monólogo dramático, defenderá o uso de termos procedentes do inglés para estar cos tempos e dar “categoria” aos conceptos aos que se refiren (mello Paco·s Barber Shop que Barbería Paco, por exemplo), dará a coñecer parte dunha obra poética absolutamente delirante e, como guinda do pastel, lanzaráse á piscina dos conta contos cun relato protagonizado por un camioneiro arroutado e pragado de digresións hilarantes.
O espectáculo pretende divertir ao público facendo gala dun humor intelixente pero comprensible para calquera tipo de espectadores.