ATERCIOPELADOS · FESTIVAL MARÉ
MÉRCORES 23 SETEMBRO | 22:00h | 20,00€ + gastos
Activistas sociais da fronte alternativa que fusiona raíces colombianas e rock dos noventa, Aterciopelados aterran en Maré para lembrarnos por que a súa proposta aínda soa tan fresca como hai tres décadas, cando iniciaron unha traxectoria de enorme influencia na caracterización roqueira do vals, o bolero e outras variables de orixe latina a través de piares da integración estilística como “El Dorado” (1995), cumio dunha carreira que non perde tensión grazas a traballos recentes como “Genes rebeldes” (2025). O mesmo no que seguen a afondar na súa capacidade de permeabilidade para continuar abrindo o alcance da cultura que, como o latexo de Maré, fía liñas identitarias xeográficos e universalidade nun todo irredutible.
