altext

Maré

BIA FERREIRA + ZELTIA IREVIRE · FESTIVAL MARÉ

SALA CAPITOL

Información sobre el evento
PROHIBIDA LA ENTRADA A MENORES DE 16 AÑOS

BIA FERREIRA + ZELTIA IREVIRE · FESTIVAL MARÉ
XOVES 24 SETEMBRO | 21:30h | 20,00€ + gastos

Trituradora estilística de cromático sabor carioca, Bia Ferreira é unha forza da natureza construída a si mesma, sen fronteiras nin límites a través da súa vampirización de ritmos congoleses, xamaicanos e brasileiros. Pero máis alá da súa impoñente dimensión musical, Bia Ferreira caracterízase por unha presenza feminina que abre o campo discursivo a outras realidades máis duras que as que experimentamos en Europa. Na súa poderosa canción activista, intensifica as sombras referenciais de The Congos, Lauryn Hill e Edu Lobo, sempre como parte dun mural sonoro en constante expansión, como o demostra “Améfrica” (2026), o seu derradeiro LP, cuxo título é suficientemente representativo das súas intencións unificadoras, que presentará no único escenario posible de Maré.

Coma concerto de apertura da noite, contaremos coa presenza de Zeltia Irevire, unha artista galega que constrúe un universo sonoro propio entre o folk, o blues e as músicas de raíz contemporáneas. A través do que definen como “Folk Tribal”, a súa formación combina instrumentos acústicos, atmosferas electrónicas e unha poderosa presenza vocal para crear unha experiencia intensa e envolvente. As súas composicións beben da tradición oral, das lendas e da sabedoría popular galega, reivindicando a protección do patrimonio cultural e natural de Galicia. Sobre o escenario, a banda desenvolve un directo hipnótico no que conviven a forza rítmica, a experimentación sonora e a conexión coa terra. Integrada por Zeltia Acuña (voz e guitarra acústica), Migui Carballido (coros, bodhrán e percusións) e Cibrán Seixo (violín e sintetizador de baixo).