altext

Maré

OMAR SOULEYMAN · FESTIVAL MARÉ

SALA CAPITOL

Información sobre el evento
PROHIBIDA LA ENTRADA A MENORES DE 16 AÑOS

OMAR SOULEYMAN · FESTIVAL MARÉ
VENRES 25 SETEMBRO | 23:00h | 20,00€ + gastos

Que este músico sirio posúe unha das voces máis a contraxeito dos últimos tempos quedou máis que demostrado pola súa capacidade para romper barreiras de aceptación crítica e social a través de importantes medios de comunicación anglosaxóns como Pitchfork e colaboracións con figuras do pop heterodoxo como Björk. Pero por que esta renovada apreciación da súa obra? Para comezar, porque estamos a falar dunha personalidade inconformista que fixo do dabke e do mawal a semántica dunha locomotora rítmica con connotacións tecno e post-disco, establecendo paralelismos co impacto internacional do gran Khaled dende Alxeria a partires do raï. Non fai falta dicir que a oportunidade de experimentar o seu frenesí mántrico en directo é un deses encontros memorables coa historia alternativa dos nosos días que non se poden deixar pasar.