×
Información sobre o evento
PROHIBIDA A ENTRADA A MENORES DE 16 ANOS

AMYL AND THE SNIFFERS | DOMINGO 16 AGOSTO | 21:30h | 30,00€ + gastos

Todomedre achega a Galicia a unha das bandas craves para entender a nova escena punk! Amyl and the Sniffers son Amy Taylor (voz), Dec Martens (guitarra), Gus Romer (baixo) e Bryce Wilson (batería). Formados nunha casa compartida de Melbourne en 2016, os Sniffers escribiron, gravaron e subiron o seu primeiro EP, Giddy Up, en só 12 horas. Seguíron co EP Big Attraction en 2017, que incluía a afiada I’m Not A Loser, o contundente oi punk de Westgate e a violencia peleona de Mole (Sniff Sniff).
Estes primeiros EPs mesturaban unha chea de influencias —do rock australiano ao rap e o punk dos 70—, pero o son era totalmente seu: cancións curtas, rápidas, ruidosas e con moito humor.

×
×