×

Como podo descargarme as miñas entradas?

Podes descargarche as túas entradas desde a pantalla de confirmación de compra que che aparecerá despois de finalizar a compra das túas entradas ou desde o email de confirmación de compra que recibirás desde o remitente: [email protected] (non é un correo de atención ao cliente, non contestar a este remitente).

Tes a opción de descargarchas en pdf e imprimilas posteriormente ou mosstrarlas no móbil, se tes un Smartphone, descargarchas en passbook (para móbiles Android) ou passwallet (para móbiles IOS).

Non me chegou o email de confirmación de compra para descargarme as entradas

Principalmente son dous os motivos polos que pode non chegarche o email de confirmación de compra.

1. - Non finalizaches correctamente o proceso de compra /pago das túas entradas e por tanto, esta non se realizou. Deberás verificar se se produciu o cargo polo importe das túas entradas na túa tarxeta e en caso afirmativo, poderías recuperar as túas entradas seguindo o proceso detallado no apartado Como recuperar as miñas entradas?

2. - O email de confirmación pode chegar á cartafol notificacións ou á cartafol SPAM do teu correo. Se segues sen localizar o email de confirmación, segue os pasos que che indicamos no seguinte apartado Como recuperar as miñas entradas?

Como podo recuperar as miñas entradas?

Poderás acceder ás túas entradas picando na seguinte ligazón para acceder á túa área privada persoal https://salacapitol.entradas.plus/entradas/é/registroUsuario

Unha vez dentro, se non estás rexistrado, deberás completar o rexistro.

IMPORTANTE: utiliza o mesmo correo electrónico que utilizaches para a compra das túas entradas. Desde aquí poderás acceder á túa área privada persoal, seleccionar as túas entradas pendentes de imprimir e seguir os pasos que che indicabamos no punto anterior.

Lembra que tamén poden entregarche as túas entradas no despacho de billetes do recinto, para o que terás que facilitar calquera destas opcións: o email de confirmación, o localizador da túa compra, teléfono ou email co que realizaches a compra de entradas.

Podo anular a miña compra de entradas?

Antes de finalizar a compra, verifica que os datos son correctos, xa que non se admiten devolucións, salvo en caso de cancelación ou aprazamento dun evento.

Situación excepcional por COVID-19: Poderanse solicitar cambios e devolucións por circunstancias sanitarias acreditadas documentalmente.

Como podo recuperar o importe da miña entrada se o evento foi cancelado ou modificado?

Informarémosche da cancelación ou modificación dun evento, da súa situación (cancelación ou aprazamento, ofrecéndoche datas alternativas….) e dos prazos de devolución.

En xeral, cando un evento fose cancelado, realizaremos a devolución íntegra do importe da entrada e gastos de xestión sempre polo mesmo medio de pago polo que realizaches a compra.

Se a compra realizáchela na nosa web, realizaremos un abono directo na tarxeta que utilizaches para a compra.

Se a compra realizáchela presencialmente en despacho de billetes ou nalgún punto de venda físico, deberás acudir persoalmente para que poidan facerche a devolución en efectivo ou tarxeta, dependendo de como efectuaches a compra.

IMPORTANTE: Debes estar atento/á o movemento do saldo da túa tarxeta. Se tes calquera dúbida, consulta co teu banco.

Se tes outras dúbidas ou consultas, estamos á túa disposición para axudarche en todo o que podamos a través da seguinte dirección de correo:  [email protected] 

×
×