altext

RiquelaClub, outonocodaxfestival

Barrence Whitfield & MFC Chicken no RIQUELA CLUB

RIQUELA CLUB

18/11/26 - 19/11/26
Información sobre o evento
MENORES DE 16 ANOS ACOMPAÑADOS Lugar de celebración: Riquela Club (Rúa do Preguntoiro, 35)

OUTONO CODAX FESTIVAL XVI EDICIÓN | Mércores 18 e xoves 19 de novembro | Riquela Club | 20:00h portas

Entradas concertos Riquela Club:
18€ (+gx) en venda anticipada
22€ na billeteira da sala

Entradas físicas:
A Reixa-Matrioska

Barrence Whitfield & MFC Chicken 
Barrence Whitfield é un artista salvaxe e potente que leva máis de 40 anos ofrecendo interpretacións vocais explosivas, sendo un dos últimos shouters que quedan en activo e en plena forma. Tanto con The Savages como en solitario, Barrence sempre o dá todo, e agora conta co apoio da magnífica banda de frat rock and roll MFC Chicken (inesquecible o seu concerto no Outono Códax 2022) para varios concertos especiais nos que repasarán o repertorio dos primeiros tempos de Barrence, cando empezou a súa carreira xunto a The Savages. Barrence e Spencer Evoy, líder e saxofonista de MFC Chicken, son vellos coñecidos, xa que traballaron xuntos en numerosas ocasións; recentemente, Spencer participou como invitado tocando o saxo barítono no último disco de Barrence cos Savages e colaborando nas súas xiras por España e Estados Unidos. Despois de que Barrence e MFC Chicken tocasen xuntos por primeira vez hai varios anos, pasárono tan ben que foi imposible non repetir a experiencia.