×
Información sobre o evento
PROHIBIDA A ENTRADA A MENORES DE 16 ANOS

BOMBINO - MARÉ
VENRES 26 SETEMBRO | 21:30h | 20,00€ + gastos

Bombino é un guitarrista e cantante tuareg de Níxer, considerado unha das grandes voces do desert blues. Co seu estilo hipnótico e rebelde, chega a MARÉ coa súa mestura de ritmos tradicionais do seu pobo co rock, o reggae e o blues, creando unha sonoridade poderosa e espiritual. As súas cancións, cantadas en tamasheq, falan de liberdade, identidade e resistencia, converténdoo nun símbolo da cultura tuareg no mundo enteiro.

×
×