×
altext

90aniversariocapitol

FESTA 90º ANIVERSARIO SALA CAPITOL

SALA CAPITOL

Información sobre o evento
PROHIBIDA A ENTRADA A MENORES DE 18 ANOS

FESTA 90º ANIVERSARIO SALA CAPITOL | VENRES 14 NOVEMBRO | 20:00h | 20,00€ + gastos

Celebramos ao grande o 90 aniversario de Capitol, unha aventura que deu comezo en 1935 coa inauguración dun novo e moderno cinema en Compostela, o cal acabaría converténdose nunha das salas de concertos de referencia do noso país. Un espazo cheo de cultura e diversión que mira xa cara aos 100 anos de vida. Non te perdas a gran festa que temos preparada para a ocasión.

19:30h: Prendido de luces fachada a cargo de Iluminaciones Santiaguesas
20:00h: Pinchos, pinchas  e benvida a cargo de Bodegas Martín Códax
21:00h: “A verdadeira historia da CAPITOL”  contada por Chévere e a Unitaria  
21:30h: Actuación 1º grupo sorpresa
23:00h: Actuación 2º grupo sorpresa
00:30h: Gran festa con Djs
04:00h: Fin de festa

A entrada de 20,00€ inclúe 2 cañas a cargo de Estrella Galicia

×
×