OUTONO CODAX FESTIVAL XVI EDICIÓN | Martes 24 novembro | 20:00h portas
Abono 5 día Sala Capitol:
59€ (+gx) para os 70 primeiros
65€ (+gx) para o resto
Entradas concertos Sala Capitol:
24€ (+gx) en venda anticipada
28€ na billeteira da sala
Entradas físicas:
A Reixa-Matrioska
The Fuzztones
A banda neoiorquina é lenda viva do garage rock. Liderados por Rudi Protrudi, levan máis de catro décadas incendiando escenarios cun explosivo cóctel de garage, psicodelia e rock’n’roll primitivo. O seu son, marcado polo inconfundible órgano Vox Continental e guitarras cargadas de fuzz, converteunos nunha das bandas máis influentes e respectadas do revival garage a nivel mundial. Con discos xa clásicos como Lysergic Emanations, In Heat ou Monster A Go-Go, The Fuzztones influíron en xeracións de músicos e manteñen intacta a súa reputación como unha das mellores bandas de directo do circuíto garage. Ver a The Fuzztones sobre un escenario é asistir a unha celebración do rock máis visceral, hipnótico e auténtico. Sempre cun directo intenso, cru e magnético. Un xenuino ritual de rock ‘n’ roll abrasivo, suor e distorsión.
