Información sobre o evento
PROHIBIDA A ENTRADA A MENORES DE 16 ANOS

PUÑO DRAGÓN | XOVES 4 FEBREIRO | 21:00h | 25,00€ + gastos

Puño Dragón son hoxe en día un dos proxectos máis prometedores do panorama nacional.

Orixinais, auténtios e enérxicos, os asturianos presentan unha proposta musical con identidade propia. O seu particular imaxinario musical nútrese do rock tradicional, pero engade sonoridades que nos levan a un estilo máis propio do presente.

Neste concerto, a banda aterra para presentar o seu esperado terceiro disco, aínda sen nome e aínda inédito, adiantando unha nova etapa que promete levar o seu son un paso máis aló.

Un lanzamento que chega tras o seu debut homónimo en 2022 e o seu segundo traballo, Juegos Violentos (2025), e despois dunha xira irresistible que os levou a conquistar salas e festivais por toda España, consolidándoos como unha das propostas máis sólidas e enérxicas do panorama actual.