altext

SR. SALVAJE + Habitación Vudú

SALA CAPITOL

Información sobre o evento
PROHIBIDA A ENTRADA A MENORES DE 16 ANOS

SR. SALVAJE + Habitación Vudú | Sábado 5 Decembro | 21:00h | 12,00€ + gastos

Tras máis de 70 concertos nos últimos dous anos e despois de percorrer Galicia e boa parte do territorio nacional, Sr.Salvaje regresa aos escenarios con novo disco debaixo do brazo.

A banda compostelá, unha das formacións máis activas do Rock independente galego, pechou a súa anterior xira ante case 500 persoas nesta mesma sala, acompañada por músicos da talla de Santi Campillo (M-Clan), Igor Paskual (Loquillo), Nuno Pico (Grande Amore) ou Oneida James (Joe Cocker), entre outros.
Agora comeza unha nova etapa con “Riesgo y Caos”, un disco pensado para transmitir a intensidade do seu directo: un espectáculo contundente, visceral e sen concesións.

Neste concerto de presentación estarán acompañados da banda ourensá Habitación Vudú, cuxo estilo combina o pop rock con cadencias alternativas e caracterízase por letras introspectivas e unha enerxía sincera nas súas presentacións en vivo.