TODO MAL POLO NADAL | Sábado 12 Decembro | 21:00h | 20,00€ + gastos
Carla Núñez e Marcos López (Todo Mal)
Familia Caamagno
+ Artistas convidados
O 12 de decembro, a Sala Capitol convértese no epicentro do desastre navideño co concerto especial Familia Caamagno presenta: Todo mal polo Nadal.
Unha gala especial, irreverente e divertida para celebrar estas festas que contará coa presentación de Carla Núñez e Marcos López, presentadores do podcast de humor Todo Mal e cun montón de colaboracións e sorpresas máis!
Será unha noite de humor sen filtros acompañada dese espírito festivo retorcido dos grinchs de Sigüeiro. Unha noite entre panxoliñas, éxitos pop nadaleiros ao estilo Caamagno, excesos e demais miserias destas datas. Hai cousas que é mellor vir soltar a este concerto e non gardar para a cea de Noiteboa e senón… que este Nadal, saia todo mal!
