altext

Maré

De Zemambiquo a Zigala: Cheny Wa Gune + A Pedreira

SALA CAPITOL

Información sobre o evento
PROHIBIDA A ENTRADA A MENORES DE 16 ANOS

De Zemambiquo a Zigala: Cheny Wa Gune + A Pedreira
DOMINGO 27 SETEMBRO | 19:30h | 15,00€ + gastos

Que pasa cando as vidas creativas se atopan e a tradición galega e os ritmos de Mozambique se fusionan? Nace un directo forte, telúrico e profundamente vivo.

Cheny Wa Gune e A Pedreira recollen o temón dunha histórica viaxe transoceánica iniciada polo mestre Narf, facendo da memoria non un lugar de chegada, senón unha semente para continuar creando.

Nesta nova travesía, Cheny Wa Gune chega acompañado por Altenor Massangai e Kelvin Massangai uníndose á banda da Pedreira con Alejandro Vargas, Mauricio Caruso e Lorena Cachito, nunha formación que volve tender pontes musicais entre Galicia e Mozambique.

De Zemambiquo a Zigala nace desa memoria colectiva e transforma a pel. Como o veleno que pode converterse en antídoto, a música transmuta a herdanza en forza, coraxe e identidade propia. Desde as sementes daquela primeira aventura musical ata o presente, o legado continúa navegando, agora desde outra perspectiva, con novos elementos, novas composicións e unha linguaxe renovada, mais conservando viva a raíz que fixo posible aquel encontro.

As creacións de A Pedreira e Cheny Wa Gune, alimentadas polas súas respectivas tradicións e universos contemporáneos, converxen revelando profundas afinidades rítmicas, melódicas e emocionais. Máis que unha homenaxe, é continuidade, transformación e renacemento.

Un espectáculo salvaxe, enérxico e celebratorio que pecha Maré 2026, onde Galicia e Mozambique volven encontrarse nun mesmo pulso e onde a paixón, a memoria, a liberdade creativa e a danza libre convertense en tesouros.