×
altext

Rock, Rock n' Roll

GEOFF TATE'S Plays QUEENSRYCHE'S Greatest Hits

SALA CAPITOL

Información sobre o evento
PROHIBIDA A ENTRADA A MENORES DE 16 ANOS

GEOFF TATE'S Plays QUEENSRYCHE'S Greatest Hits
Domingo 09 marzo | 20:30h | 30,00€ + gastos

O lendario cantante de Queensryche, e un dos considerados Three Tremors do Heavy Metal (xunto con Rob Halford e Bruce Dickinson), chega por primeira vez a Galicia, concretamente a Santiago de Compostela, para ofrecer un show inesquecible nunha das súas cidades favoritas, xa que é orgulloso posuidor da Compostelá, debido a que realizou o Camiño hai uns anos, e como a todos, encantoulle e estaba a desexar poder actuar na cidade. Chega co seu novo espectáculo, baseado nos maiores éxitos da que foi a súa banda, e por suposto non faltarán os mellores momentos de álbums tan inesquecibles como "Operation: Mindcrime", "Rage For Order", "The Warning", "Empire"... ou aquel himno primigenio que foi "Queen Of The Reich" e cuxo clip non cesaba de estar en rotación na MTV hai 40 anos. Geoff atópase nunha forma espléndida e demostrará en Galicia porque é considerado un de os  mellores cantantes de Heavy Metal de sempre. 

×
×